Abdón Segundo García Núñez, nado na Portela (Vilamartín de Valdeorras) en 1893 e finado na ponte do Bibei o 16 de setembro de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Veciño da Portela. Militante do Partido Galeguista. Fixo denuncia pública da pervivencia de prácticas electorais caciquís e defendeu aos labregos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 un grupo de falanxistas e gardas civís sacárono da casa. Levárono á checa da casa do Riocigüeño, no Barco de Valdeorras, para trasladalo a Ourense. De camiño, foi asasinado á altura da ponte do Bibei o 16 de setembro de 1936.

Véxase tamén Bibliografía Abdón Segundo García Núñez. Un dos nosos

Categoría:Avogados de Vilamartín de Valdeorras Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos