Francisco Manuel Balboa Lagoa, nado en Muxía cara a 1866 e finado na Coruña o 19 de marzo de 1954, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Emigrou a América. Cando retornou instalou en Muxía unha fábrica de encaixes, Encajeras Peninsulares Reunidas SA. Foi membro da Irmandade da Fala da Coruña, da que foi elixido vicepresidente en 1918El Orzán, 23-4-1918, p. 2. e conselleiro primeiro en 1921. Foi o presidente da III Asemblea Nacionalista celebrada en Vigo en 1921. Morreu na Coruña o 19 de marzo de 1954 con 87 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-3-1954, p. 7.La Noche, 22-3-1954, p. 2.

Vida persoal Casou con Fe López Abente e foi pai de Jesús Manuel, Cornelio, María de la Barca, Julio, Fe, Gonzalo, María de los Dolores, José e Francisco Balboa López.

Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Muxía Categoría:Finados en 1954 Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1866