O Museo Paul Tétar van Elven é unha pinacoteca situada no número 67 da rúa Koornmarkt, ao pé da canle Neuwe Delft, da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos."Museum Paul Tétar van Elven". No sitio web do Concello de Delft (en neerlandés)"Museum Paul Tétar van Elven". Informacións prácticas: enderezo, horarios, prezos, etc. (en neerlandés)

A casa familiar de Paul Tétar van Elven O edificio que o alberga é unha casa familiar do século XVI, construída pouco despois do grande incendio de Delft de 1536, con fachada simple de ladrillo e fiestras arqueadas, de tres andares mais un faiado, que foi restaurada en diversas ocasións ao longo do tempo. En 1967 foi recoñecida como monumento nacional dos Países Baixos (Rijksmonument).Ficha do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés) miniatura|esquerda|Autorretrato de Paul Tétar van Elven (1823-1896) Coñécese unha restauración do edificio en 1674, cando se lle anexou unha estreita calella que corría pola súa parte esquerda. Xa no século XVIII dividíronse varios cuartos e construíronselle varios corredores.Información sobre o edificio en ArchitectuurgidsDelft.nl (en neerlandés)

O 7 de xaneiro de 1864 a casa foi comprada para a súa residencia familiar por Paul Constantin Dominique Tétar van Elven, pintor da academia holandesa, coleccionista de pintura e de cerámica, copista e profesor da Escola Politécnica de Delft, precursora da actual Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft). Tétar non modificou a fisonomía externa do edifico, pero si o interior, decorando da súa man a parte superior das portas e encargándolle ao pintor Abraham Gips a pintura do teito do salón. miniatura|Paul Tetar van Elven e a súa dona. Cesar Mitkiewicz, ca, 1896 Tétart dispuxo que á súa morte (que se produciu en 1896) quedase como legado para a comunidade o propio edificio, os seus traballos e a súa colección, coa condición de que, tras o pasamento da súa viúva, se convertesen nun museo na súa memoria. A súa segunda esposa, Mechelina van Duuren, faleceu en 1926 e, xa en 1927, cumpriuse a súa derradeira vontade coa apertura ao público do museo, logo dun acondicionamento profundo do seu interior."Paul Tetar van Elven (1823-1896) ". No sitio web do museo (en inglés)"The house of Paul Tetar van Elven. A gem at the canal ". No sitio web do museo (en inglés)

O museo No museo pódense atopar mostras da maioría do traballo de Tétar van Elven, desde pezas históricas a retratos e copias de vellos mestres. Ademais, a exposición compleméntase con pinturas de contemporáneos e cunha colección de antigüidades e curiosidades de séculos anteriores, incluíndo unha gran colección de porcelana oriental e de louza de Delft, mobles, disfraces e armas."The collection ". No sitio web do museo (en inglés)

O interior do edificio do museo está conisderado como un dos cen mellor conservados dos Países Baixos. Isto permítelle amosarlle ao visitante unha boa impresión do gusto e da forma de vida da burguesía do século XIX.

O museo ofrece visitas didácticas guiadas e actividades educativas, como charlas e obradoiros, para grupos de alumnado, que son gratuítas para os menores de 18 anos."Educatie in het museum ". No sitio web do museo (en inglés) Nas súas salas son tamén frecuentes diversas actividades culturais, como exposicións temporais ou concertos de música.

O Museo Paul Tétar van Elven atraía na primeira década deste século uns 6.800 visitantes anuais, aproximadamente."Bezoekersaantallen 2001-2006". Jaarverslag 2006.Delft Marketing, páxina 4 (en neerlandés)

Notas 

Véxase tamén

Outros artigos Delft Louza de Delft

Ligazóns externas Sitio web oficial Perfil biográfico de Paul Tétar van Elven

Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Museos dos Países Baixos Categoría:Casas museo Categoría:Arquitectura civil Categoría:Rijksmonument