Soiuz TM-2 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 5 de febreiro de 1987 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TM-2, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Romanenko e Aleksandr Laveikin a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.

Laveykin tivo que ser evacuado prematuramente na Soiuz TM-3 debido a problemas de saúde, deixando a Romanenko xunto con Aleksandrov (chegado na TM-3) nunha misión de longa duración. Durante a súa estancia a Mir recibiu o módulo Kvant, que tivo problemas para acoplarse á estación ata que os cosmonautas, durante un paseo espacial, eliminaron un obxecto que obstruía a zona de conexión entre a estación e o módulo. Máis tarde durante a misión tamén chegaron a Progress 29, a Progress 30 e a Soiuz TM-3.

A Soiuz TM-2 regresou a terra o 30 de xullo de 1987 ás 1:05 GMT con Muhammed Faris, Laveykin e Alexander Viktorenko a bordo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-1 Soiuz TM-3

Categoría:Programa Soiuz