A bandeira da Illa de Pascua (en ) foi adoptada o 9 de maio de 2006. É unha bandeira branca cun reimiro vermello (un ornamento pectoral de madeira que outrora era empregado polo pobo rapanui) no centro.

Características miniatura|Bandeira da Illa de Pascua no cemiterio de Hanga Roa. O reimiro é un adorno pectoral feito en madeira de toromiro, símbolo de consanguinidade e autoridade, que empregaban os xefes tribais ou arikis durante cerimonias relixiosas. Consiste nunha figura en forma de cuarto crecente en cuxos extremos sobresaen dúas facianas humanas que se miran fronte a fronte.

Historia Unha primeira versión da bandeira empregouse entre 1876 e 1888. Sobre fondo branco, figuraban o adorno reimiro en vermello, símbolo do mana ou poder, e catro figuras antropomorfas en negro que representaban cada unha a un tangata manu (‘hombre-paxaro’), símbolo dun antigo cerimonial insular, nos costados.

Logo da anexión da illa a Chile en 1888, instaurouse o uso da bandeira de Chile como o único oficial. Porén, os insulares continuaron a empregar o emblema local, o que foi recoñecido pola autoridade nacional trala «Lei Indíxena» en 1993.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pobo rapanui Illa de Pascua

Categoría:Illa de Pascua Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de Chile Categoría:Bandeiras introducidas en 2006