miniatura|Emblema Rijksmonument, presentado en 2014 Un rijksmonument (pronuncia neerlandesa: [ˈrɛiksmoːnyˌmɛnt]) é un lugar ou un edificio catalogado como monumento nacional dos Países Baixos, segundo a listaxe da Axencia Nacional do Patrimonio Cultural (Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed -RCE-), en representación do Ministerio de Educación, Cultura e Ciencia dos Países Baixos."Wat is een monument ". En Monumentaal wonen (en neerlandés)

Historia e criterios Para a súa designación como rijksmonument, un sitio ten que ter máis de medio século como criterio principal excluínte, á parte doutros adicionais. Ao longo do país hai arredor de 62.000 monumentos que gozan desta consideración."Rijksmonument". En Monumenten.nl (en neerlandés)"Gebouwde rijksmonumenten - aantal". En Erfgoedmonitor,nl (en neerlandés)

O programa iniciouse na Haia en 1954, no seo dunha convención onde se estableceron as regras de protección de edificios en caso de conflito armado. A lexislación neerlandesa actual nesta materia é a Lei de Monumentos (Monumentenwet), de 1988."Overgangsrecht Monumentenwet 1988 naar Omgevingswet ". En Cultureelerfgoed.nl (en neerlandés)

A organización respondable da protección dos monumentos, que nun principio se denominaba Monumentenzorg ("Coidado de monumentos"), transformouse na actual Rijksdies¡nst voor het Cultureel Erfgoed ("Axencia Nacional do Patrimonio Cultural"). 

En xuño de 2009, os Xulgados da Haia decidiron que os compradores individuais de edificios catalogados como rijksmonument estivesen exentos do pagamento do imposto de transmisións, exención da que ata ese ano só dispuñan as persoas xuríduicas."Financiering onderhoud en restauratie. Wat mogelijk is, hangt af van uw persoonlijke situatie en het soort monument" (Financiamento de mantemento e restauración. O que é posible depende da súa situación persoal e do tipo de monumento). En Monumenten.nl (en neerlandés)

Localidades segundo o número de rijksmonumenten miniatura|O muíño De Roos, en Delft, visto desde a Igrexa Nova, tamén rijksmonument miniatura|O edificio Witte Huis, en Rotterdam miniatura|O Rijksmuseum de Ámsterdam, declarado rijksmonument en 1970 Esta é unha listaxe das principais localidades dos Países Baixos ordenadas segundo o número de edificios coa condición de rijksmonument:

#LocalidadeEdificios 1. Ámsterdam7562 2. Maastricht1695 3. Utrecht1510 4. Leiden1243 5. Haarlem1180 6. A Haia1167 7. Middelburg1167 8. Dordrecht879 9. Schouwen-Duiveland869 10. Stichtse Vecht804 11. Leeuwarden728 12. Delft696 13. Súdwest-Fryslân677 14. Groninga701 15. Rotterdam620 16. Deventer589 17. Alkmaar583 18. Arnhem 574 19. Breda577 20. 's-Hertogenbosch556 21. Harlingen529 22. Kampen528 23. Zwolle481 24. Utrechtse Heuvelrug471 25. Amersfoort457

Algúns exemplos Moitas das atraccións turísticas dos Países Baixos están declaradas rijksmonument, como é o caso de numerosos castelos, igrexas e, fundamentalmente, os característicos muíños de vento históricos neerlandeses, como:Reynolds, John. Windmills & Watermills. Hugh Evelyn. Londres, 1974. Páxinas 173-174. [ISBN 0-238-78943-8] (en inglés)"De Hollandsche Molen ". En Molens.nl (en inglés e neerlandés) O muíño De Roos, na cidade surholandesa de Delft.Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)  O muíño De Schoolmeester, na vila norholandesa de Westzaan, única fábrica de papel do mundo con enerxía eólica.Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)  De Wieker Meule, na provincia de Drenthe, construído en 1829 e coidadosamente restaurado.Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés)

Outras catalogacións de monumentos nos Países Baixos Monumento provincial (provinciaal monument): é un monumento protexido por designación dunha provincia, que proporciona fondos económicos para a súa conservación. Esta atribución téñena soamente as provincias de Holanda Setentrional e de Drenthe. Monumento municipal (gemeentelijk monument): é un monumento designado por un concello.  Monumento arqueolóxico. Panorama urbano e paisaxe protexida.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Monumentenregister, base de datos oficial dos monumentos nacionais dos Países Baixos (en neerlandés) Monumenten.nl (en neerlandés) Axencia de Patrimonio Cultural do Reino dos Países Baixos (en inglés e neerlandés)