Magaly Solier Romero, nada en Huanta o 11 de xuño de 1986, é unha actriz de cinema e cantautora quechua do Perú. É coñecida por aparecer nos filmes Madeinusa e máis tarde en La teta asustada, que obtivo en 2009 o Oso de Ouro no Festival Internacional de Cine de Berlín.'La teta asustada' se lleva el Oso de Oro de la Berlinale, El País, España, 14/2/2009 Na súa facenta como cantante, publicou dous álbmus, Warmi (2009) e Coca Quintucha (2015).
Primeiros anos Magaly Solier naceu na provincia de Huanta, departamento de Ayacucho, rexión que sufriu a violencia sistemática do terrorismo durante a década de 1980 até 1993, o que marcou a súa infancia.
Solier é de orixe indíxena, e dende nena competiu a nivel local en atletismo, pero o canto era a súa maior afección. En 2003 e 2004 gañou o Festival da Canción Ayacuchana "Buscando Nuevos Valores", na súa cidade natal.
Filmografía Ano Título Papel Notas 2005 Madeinusa Madeinusa Dir.: Claudia Llosa 2007 Dioses Inés Dir.: Josué Méndez 2008 La teta asustada Fausta Dir.: Claudia Llosa Altiplano Saturnina Dir.: Peter Brosens, Jessica Woodworth 2010 Amador Marcela Dir.: Fernando León de Aranoa 2011 Blackthorn Yana Dir.: Mateo Gil 2012 Los Sonidos Profundos Ela mesma Documental Ñusta Huillac, La Tirana Ñusta Huillac Dir.: Juan Luis Muñoz Alfonsina y el mar Warmi Dir.: David Sordella Choleando Ela mesma Documental Supremo mandamiento Mujer Cortometraje 2013 Sigo siendo Dir.: Javier Corcuera Extirpador de idolatrías Mamá Dir.: Manuel Siles Vallejos 2014 Hommes d´Argile Dir.: Mourad Boucif 2014 Mochica Dir.: 2015 Blas Dir.: 2016 Magallanes Celina Dir.: Salvador del Solar Labarthe 2017 Un mundo para Julius Dir.: Rossana Díaz Costa 2018 La Matriarca Dir.: Julián Casanova Ramírez
Discografía 2009: Warmi 2015: Coca Quintucha
Notas
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Actores do Perú Categoría:Cantantes do Perú Categoría:Cantantes en lingua quechua