Soiuz TM-22 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 3 de setembro de 1995 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-22, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Sergei Avdeiev, Iuri Gidzenko e Thomas Reiter a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. Reiter foi o primeiro astronauta europeo nunha misión de longa duración.
Durante a misión recibiu a visita da Progress M-29, da misión STS-74, da Progress M-30 e da Soiuz TM-23.
A Soiuz TM-22 regresou a terra o 29 de febreiro de 1996 ás 10:42 GMT.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Transbordador espacial Atlantis Soiuz TM-21 Soiuz TM-23
Categoría:Programa Soiuz