Huitaca ou Xubchasgagua era unha deusa da relixión dos muiscas.Ocampo López, 2013, Ch. 6, p.45 Os muiscas e a súa confederación eran unha das catro civilizacións avanzadas de América, que habitaban o Altiplano Cundiboyacense nos Andes. Huitaca foi descrita polos cronistas Juan de Castellanos no seu Elegías de varones ilustres de Indias, Lucas Fernández de PiedrahitaOcampo López, 2013, Ch. 6, p.47 e Pedro Simón.Ocampo López, 2013, Ch. 6, p.46Ocampo López, 2013, Ch. 6, p.48

Descrición Huitaca era a deusa das artes, da danza e da música, da maxia, a liberación sexual e a Lúa.Ocampo López, 2007, Ch.V, p.221 2012 - Huitaca, la diosa muisca en el Palacio Liévano - El Tiempo - consultado o 28 de abril de 2016 2015 - Huitaca y el arquetipo de la diosa rebelde desde la antiguedad hasta nuestros días - consultado o 28 de abril de 2016 Segundo as lendas muiscas, Huitaca era unha deusa de gran beleza que enxalzou unha vida chea de alegría, xogos, pracer e embriaguez que se rebelou contra Bochica. A súa rebelión provocou que Bochica a transformase unha curuxa.

Algúns cronistas din que Huitaca era outro nome para deusa da Lúa Chía Chía: Moon goddess - Pueblos Originarios - consultado o 28 de abril de 2016 Chía: mitos y leyendas - consultado o 28 de abril de 2016 ou de Bachué, deusa nai dos muiscas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos A muller na sociedade muisca Relixión muisca Bibliografía

Categoría:Deusas muiscas Categoría:Deusas lunares