Pyxis ou Compás Náutico é unha constelación menor do sur, inserida por Nicolas Louis de Lacaille baixo o nome de Pyxis Nautica.
Suponse que representa o compás da Argo Navis, porén é moi difícil pensar que a Argo Navis puidese ter un compás, xa que os gregos non coñecían este instrumento de navegación. Cabe subliñar que Pyxis non é oficialmente unha parte de Argo Navis; xa que as súas estrelas teñen unha designación de Bayer independente (a diferenza de Carina, Puppis e Vela as cales aínda posúen parte das designacións de Bayer de Argo).
Mitoloxía Dado que é unha constelación moderna creada no século XVII non ten mitoloxía relacionada.
Estrelas Estrelas con designación de Bayer α Pyx 3.68; β Pyx 3.97; γ Pyx 4.02; δ Pyx 4.87; ε Pyx 5.59; ζ Pyx 4.86; θ Pyx 4.71; η Pyx 5.24; κ Pyx 4.62; λ Pyx 4.71
Outras estrelas Gliese 317, anana vermella que contén un planeta extrasolar. Gliese 318, anana branca binaria a uns 28 anos luz.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Star Tales – Pyxis
Categoría:Constelacións