Sitta pusilla é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae nativa dos Estados Unidos.

Distribución e hábitat miniatura|esquerda|Un espécime nunha casa para paxaros. Pode encontrarse nos bosques de piñeiros de todo o sueste dos Estados Unidos. Unha poboación en perigo de extinción vive na illa Gran Bahama, que algunhas autoridades consideran unha especie separada e danlle o nome de S. insularis. A ave, igual que outras agatuñadeiras, posúe un peteiro negro afiado en forma de cravo, que utiliza para golpear as sementes. É un visitante frecuente de estacións de alimentación para aves e é moi afeccionada ás sementes de xirasol e pasteis de sebo.

Descrición É aproximadamente do mesmo tamaño que Sitta pygmaea, e estas dúas especies son as agatuñadeiras máis pequenas do mundo. Mide de 9 a 11 cm de lonxitude, de 16 a 18 cm de envergadura e ten de 10 a 12 g de masa corporal. A parte superior da cabeza é marrón cunha liña ocular negra, a cara, papo e ventre son de cor branca. As ás son de cor gris azulada. Ten un pequeno punto branco no pescozo. A chamada da ave soa de forma parecida ao son dun pato de goma de xoguete e é bastante forte para unha ave do seu tamaño.

Subespecies Recoñécense dúas subespecies: Sitta pusilla insularis , Gran Bahama. Sitta pusilla pusilla , sueste dos Estados Unidos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas BirdLife International Brown-Headed Nuthatch - Sitta pusilla - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter Brown-headed Nuthatch Species Account – Cornell Lab of Ornithology

Brown-headed Nuthatch Bird Sound no Museo de Florida de Historia Natural

Categoría:Sítidos Categoría:Animais descritos en 1790