Charles-Eugène Guye, nado en Champvent o 15 de outubro de 1866 e finado en Xenebra, Suíza o 15 de xullo de 1942, foi un físico suízo. Estudou física na Universidade de Xenebra, obtendo o seu doutoramento en 1889 cunha tese sobre o fenómeno da dispersión óptica rotatoria.

Dende 1890 ata 1892 traballou como lector en Xenebra, e dende 1893 ata 1900 como lector na Politécnica de Zürich, mudando o seu interese investigador á enxeñaría eléctrica. Dende 1900 ata 1930 foi profesor e director do Instituto de Física da Universidade de Xenebra.

Dende 1907, xunto ós seus estudantes Simon Ratnowsky e Charles Lavanchy levou a cabo experimentos para demostrar a dependencia da masa do electrón da súa velocidade, e os seus resultados apoiaron as predicións de Lorentz, Einstein e da teoría especial da relatividade en contra da teoría rival do electrón proposta por Max Abraham.

Participou na 5ª e 7º conferencias de Solvay, e foi autor ou coautor de máis de 200 artigos sobre física e varios libros, incluíndo obras filosóficas sobre a base biolóxica-física-química da evolución e sobre os límites da física e da bioloxía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Guye, Charles-Eugène - Complete Dictionary of Scientific Biography Historisches Lexikon der Schweiz

Categoría:Nados en 1866 Categoría:Nados no cantón de Vaud Categoría:Finados en 1942 Categoría:Físicos de Suíza