Izaro Andres Zelaieta, nada o 31 de decembro de 1993 en Mallabia, Biscaia, é unha cantante vasca tamén coñecida simplemente como Izaro.

Traxectoria miniatura|Izaro Andres|270px Comezou a cantar en tabernas en 2014. Formou grupo co batería Oriol Flores, e despois el trouxo tamén a Iker Lauroba, Ane Bastida e Julen Barandiaran. En 2016 publicou o seu primeiro álbum titulado Om, para o que compuxo todas as letras e a música. Moitas das cancións son en éuscaro, aínda que tamén canta en castelán e en inglés.

En 2017 tamén ten feito varias colaboracións, cantou na vixésima edición da Korrika e tamén gravou un videoclip para a canción "Aske maitte" co grupo biscaíño Gatibu. O seu segundo traballo titúlase Hankapuntetan I e en 2018 publicou o seu terceiro álbum titulado Eason.

Discografía Om (2016, produción propia) koiLarak Zingirak Paradise La vi Tu escala de grises Zangalatraba Astelehenak Honey Noviembre Argia Serendipity Eider Bizitzak

Hankapuntetan I (2017, produción propia)  Tu escala de grises (intro) Deabrua Paradise (Bossa Nova) Eskaleok Errefuxiatuak

Eason (2018, produción propia)  Er(h)ori De más Delirios Zure ezpainen itsasoan Neguprenoa Zuri begira Donostia Devil Pick up La felicidad

Limones en Invierno (2020) Invierno a la vista Aquí Libre Paris Mi canción para Elisa Ihintza You Patinar sobre hielo Hainbeste Oso blanco

Notas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Mallabia Categoría:Cantantes do País Vasco