Ixuxú (Iẍuẍú, na grafía usada na propia publicación) foi o primeiro periódico escrito en lingua asturiana. De periodicidade semanal, comezou a editarse en 1901 en Xixón e durou até 1902. Estaba dirixido por Francisco González Prieto (coñecido polo pseudónimo de Pachu'l Péritu) e era de ideoloxía ultraconservadora e ultracatólica.
Véxase tamén
Bibliografía Iẍuẍú. Viva la mio quintana. (Fascímil del periódicu xixonés apaecíu en 1901-1902 dirixíu por Francisco González Prieto). Academia de la Llingua Asturiana, Uviéu, 1993. Nº 20 da Llibrería Fascimilar de l'ALLA. ISBN 978-84-86936-99-0.
Categoría:Xornais de España Categoría:Lingua asturiana