Sputnik 3 foi o terceiro satélite artificial de Unión Soviética. Foi lanzado o 15 de maio de 1958 mediante un foguete Sputnik 8A91 (derivado do mísil R-7) desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Sputnik 3, denominado inicialmente ISZ (acrónimo de Satélite Artificial da Terra), estaba destinado a ser o primeiro satélite artificial da humanidade, pero atrasos no seu desenvolvemento debido á súa complexidade, e por temor a que os Estados Unidos se adiantaran, levaron á decisión de lanzar en primeiro lugar o Sputnik 1 (moito máis sinxelo) e o Sputnik 2. A órbita inicial tiña un apoxeo de 1864 km, un perixeo de 217 km, unha inclinación orbital de 65,2 graos e un período orbital de 106 minutos. O obxectivo de Sputnik 3 era estudar a contorna da Terra e a súa atmosfera superior mediante unha serie de instrumentos que medían o campo magnético, a radiación, os campos eléctricos, os ións e outros parámetros. Foi o maior satélite lanzado ata a data, con 1327 kg. A enerxía era producida por células solares que se almacenaba en baterías de prata e cinc. As comunicacións tiñan lugar mediante o sistema de telemetría Tral a 20,005 MHz e 66 MHz. O satélite levaba unha cinta para gravar datos a bordos, pero non funcionou, polo que só se podían rexistrar datos cando pasaba sobre unha estación de comunicacións. A nave non dispoñía de control de actitude. Reentrou na atmosfera terrestre o 6 de abril de 1960.
Instrumentos
Sputnik 3 levaba os seguintes instrumentos a bordo:
Magnetómetro de porta de fluxo. Electrómetro Mill de campo. Trampas de ións esféricas. Espectrómetro de masas cuadrupolo. Manómetro de ionización. Contador de meteoritos pezoeléctrico. Contador Cherenkov de núcleos pesados. Fluoroscopios de sulfuro de cinc. Contadores de descarga de gas. Contador de brillo de ioduro de sodio.
Véxase tamén
Outros artigos Programa espacial soviético Laika Sputnik 1 Sputnik 2
Categoría:Programa Sputnik Categoría:Satélites artificiais da Unión Soviética