A das cupresoideas (Cupressoideae) é unha das sete subfamilias en que se divide a familia das cupresáceas (Cupressaceae).
Comprende once xéneros con numerosas especies, case todas nativas do hemisferio norte.
Distribución A subfamilia comprende once xéneros con numerosas especies propias do hemisferio norte, agás Juniperus procera, árbore que, aínda que orixinaria da península Arábiga (Arabia Saudita e o Iemen), a súa área de dispersión comprende o nordeste, leste, centro-oeste e sur da África tropical, encontrándose na República Democrática do Congo, Djibuti, Eritrea, Etiopía, Kenya, Malawi, Mozambique, Somalia, Sudán, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabwe. sendo o único repesentante da subfamilia que se se encontra ao sur da liña ecuatorial.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1826 polo botánico inglés Robert Sweet, na páxina 372 da súa obra Sweet’s Hortus Britannicus: or a catalogue of plants cultivated in the gardens of Great Britain, arranged in natural orders..., como Subordo Cupressinae (suborde das cupresinas), que posteriormente foi raclasificado como subfamilia.Taxaceae subfam. Cupressoideae Sweet no IPNI.
Xéneros A subfamilia das cupresoideas comprende once xéneros con especies actualmente viventes; destes, cinco son monotípicos (é dicir, inclúen a unha soa especie). Calocedrus, con catro especies, tres delas propias de Asia, e a outra, C. decurrens, de Norteamérica. Chamaecyparis, con seis especies, catro da Asia oriental, e dúas de Norteamérica. Cupressus, o xénero tipo da subfamilia. Segundo os autores, comprende de 17 s 33 especies, que se encontran en Norteamérica, Europa, norte de África e Asia. Fokienia, cunha única especie, Fokienia hodginsii, endémica do sueste da China, do norte e o centro-oeste de Vietnam e do norte de Laos. Fokienia hodginsi na Lista vermella da UICN. Versión 2017-3.Fokienia hodginsii (Dunn) A. Henry & H. H. Thomas na GBIF. Juniperus, con numerosas especies, entre 45 e 75, segundo os diferentes autores, de Norteamérica, Europa, norte de África e Asia. Microbiota, monotípica. A súa única especie, Microbiota decussata Komarov 1923, é orixinaria de Rusia. Microbiota decussata Komarov 1923 en The Gymnosperm Database. Platycladus, monotípica. A súa sola especie, Platycladus orientalis (L.) Franco 1949 distribúese polo leste de Rusia, Corea e a China. Platycladus orientalis <mall>(Linnaeus) Franco 1949</small en The Gymnosperm Database. Tetraclinis, monotípica. A súa única especie, Tetraclinis articulata (Vahl) Mast., encóntrase no noroeste de África, o sueste de España e na illa de Malta. Tetraclinis articulata (Vahl) Masters 1892 en The Gymnosperm Database. Thuja, con cinco especies, dúas en Norteamérica e tres no leste de Asia. Thujopsis, monotípica. A súa única especie, Thujopsis dolabrata (Thunb. ex L. f.) Siebold & Zucc., 1844, é endémica do Xapón. Xanthocyparis, con dúas especies, unha de Norteamérica (Xanthocyparis nootkatensis), e a outra, (Xanthocyparis vietnamensis), propia do Vietnam.
Nota: Até hai pouco incluíase o xénero Callitropsis Oerst., 1864, actualmente reclasificado como Xanthocyparis Farjon & T. H. Nguyên, 2002. Véxase Callitropsis e Xanthocyparis.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Farjon, A. (1998): World Checklist and Bibliography of Conifers. Royal Botanic Gardens, Kew. 300 p. . Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. . Farjon, A.; Hiep, N. T.; Harder, D. K.; Loc, P. K. & Averyanov, L. (2002): "A new genus and species in the Cupressaceae (Coniferales) from northern Vietnam, Xanthocyparis vietnamensis". Novon 12: 179–189. Gadek, Paul A.; Deryn L. Alpers, Margaret M. Heslewood & Christopher J. Quinn (2000): "Relationships within Cupresaceae senus lato: A combined morphological and molecular approach". American Journal of Botany 87 (7): 1044–1057. Jagel, Armin & Dörken, Veit Martin (2015): "Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part II. Cupressoideae" Bulletin of the Cupressus Conservation Project nº 9 4 (2): 51–78. Little, Damon P.; Schwarzbach, Andrea E.; Adams, Robert P. & Hsieh, Chang-Fu (2004): "The circumscription and phylogenetic relationships of Callitropsis and the newly described genus Xanthocyparis (Cupressaceae). En: American Journal of Botany 91 (11): 1872–1881.
Categoría:Coníferas