Cuchavira ou Cuchaviva era o deus do arco da vella, protector das mulleres traballadoras e dos doentes segundo a relixión dos muiscas.Ocampo López, 2013, Ch. 8, p.53 Os muiscas e a súa confederación foron unha das catro civilizacións avanzadas de América e vivían no fértil val que forma o Altiplano Cundiboyacense nos Andes. A choiva e o Sol foron moi importantes para a súa agricultura e daquela, a sabana de Bogotá tiña varios pantanos e os asulagamentos eran comúns.
Descrición esquerda|miniatura|152x152px|Tumbaga, unha aliaxe de ouro e cobre empregada para ofrendas e artesanías. Museo do Ouro, Bogotá. Cuchavira, que era chamado "aire resplandecente", apareceu ante os muiscas cando Bochica, o mensaxeiro do ser supremo Chiminigagua foi enviado ás chairas dos muiscas. Cando o deus da choiva Chibchacum estaba anoxado, enviaba fortes trebóns ás chairas, causando o desbordamento dos ríos, asulagando as terras e as casas (bohíos) dos muiscas. Cando remataban as choivas e o Sol volvía saír, aparecía Cuchavira, e a xente ofrecíalle ouro de baixo grao ou aliaxes de ouro e cobre (tumbaga), caracois mariños e esmeraldas pequenas para agradecerlle.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Relixión muisca Bibliografía
Categoría:Deuses muiscas Categoría:Deuses do ceo e do clima Categoría:Deuses da saúde