Mary Gaitskill, nada en Lexington (Kentucky) o 11 de novembro de 1954, é unha escritora estadounidense. As súas obras apareceron en The New Yorker, Harper's Magazine, Esquire, The Best American Short Stories (1993, 2006, 2012), e The O. Henry Prize Stories (1998, 2008).

Traxectoria Asistiu á Universidade de Míchigan, onde obtivo a súa licenciatura en letras e un premio Hopwood. En San Francisco vendeu flores. Nunha conversación co novelista e escritor de contos curtos Matthew Sharpe para a revista BOMB, Gaitskill dixo que elixiu converterse en escritora aos 18 anos porque estaba «indignada coas cousas, foi a típica sensación adolescente de que hai cousas malas no mundo e eu debía dicir algo». Amais, no seu ensaio Revelation contou que volveu ser cristiá aos 21 anos e o seu afastamento da relixión despois de seis meses.Sharpe, Matthew. "Mary Gaitskill" . Revista BOMB, primavera de 2009.

Casou co escritor Peter Trachtenberg en 2001, de quen se separou en 2010. Viviu en Nova York, Toronto, San Francisco e no condado de Marin, California. Reside en Brooklyn.

Obraa Bad Behavior (contos, 1988) Two Girls, Fat and Thin (novela, 1991) Because They Wanted To (relatos, 1997) Veronica (novela, 2005) Don't Cry (relatos, 2009) The Mare (novela, 2015)

Notas

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Kentucky Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa