Os laboratorios e centros técnolóxicos do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos son un sistema de instalacións e laboratorios supervisados polo Departamento de Enerxía dos Estados Unidos (DOE) para a investigación científica e tecnolóxica. Uns 16 dos 17 laboratorios nacionais reciben fondos fecerais e están administrados e operados por organizacións privadas baixo contrato co DOE.

Este sistema de laboratorios nacionais centralizados xurdiu a partir das investigacións e descubrimentos científicos levados a cabo durante a segunda guerra mundial, na que as novas tecnoloxías descubertas como o radar, o ordenador, a espoleta de proximidade e a bomba atómica resultaron ser decisivas para a vitoria dos Aliados. Durante os anos 1930 e 1940 o goberno estadounidense destinou grandes cantidades de recursos para as investigacións científicas relacionadas coa guerra, baixo o auspicio primeiro do Comité Nacional de Defensa e posteriormente da Oficina de Investigación Científica e Desenvolvemento, organizadas e administradas por Vannevar Bush.

Laboratorios nacionais 900px|Mapa dos 17 laboratorios nacionais no ano 2014|centro Laboratorio Nacional da Enerxía e Tecnoloxía** en Pittsburgh, Pensilvania (1910) en Morgantown, Virxinia occidental (1946) en Sugar Land, Texas (2000) en Fairbanks, Alasca (2001) en Albany, Oregón (2005) Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley* en Berkeley, California (1931) Laboratorio Nacional de Los Álamos* en Los Álamos, Novo México (1943) Laboratorio Nacional de Oak Ridge* en Oak Ridge, Tennessee (1943) Laboratorio Nacional Argonne* en DuPage County, Illinois (1946) Laboratorio Ames* en Ames, Iowa (1947) Laboratorio Nacional Brookhaven* en Upton, Nova York (1947) Laboratorios Nacionais Sandia* en Albuquerque, Novo México e Livermore, California (1948) Laboratorio Nacional de Idaho* entre Arco e Idaho Falls, Idaho (1949) Laboratorio de Física e Plasma de Princeton* en Princeton, Nova Jersey (1951) Laboratorio Nacional Lawrence de Livermore* en Livermore, California (1952) Laboratorio Nacional Savannah River* en Aiken, South Carolina (1952) Laboratorio Nacional do Acelerador SLAC* en Menlo Park, California (1962) Laboratorio Nacional do Pacífico Noroeste* en Richland, Washington (1965) Laboratorio Nacional do Acelerador Fermi* en Batavia, Illinois (1967) Laboratorio Nacional de Enerxía Renovable* en Golden, Colorado (1977) Instalación Nacional do Acelerador Thomas Jefferson* en Newport News, Virxinia (1984)

Centros tecnolóxicos Laboratorio de Enerxía Atómica Bettis* en West Mifflin, Pensilvania (1949) Laboratorio de Enerxía Atómica Knolls* en Niskayuna, Nova York (1946) A maiores Knolls opera o sitio Kenneth A. Kesselring en Milton, Nova York Laboratorio New Brunswick** no Laboratorio Nacional Argonne Instituto para a Ciencia e a Educación de Oak Ridge* en Oak Ridge, Tennessee Laboratorio de Ciencias Medioambientais e Radiolóxicas** Laboratorio Ecolóxico Savannah River* * Pertencente ó goberno, operada por institución privada

** Pertencente ó goberno, operada polo goberno

Véxase tamén

Bibliografía Westwick, Peter J. The National Labs: Science in an American System, 1947–1974. Cambridge: Harvard University Press, 2003, . Ligazóns externas Páxina web dos laboratorios nacionais do Departamento de Enerxía

Categoría:Laboratorios Categoría:Estados Unidos de América