Carl von Linné Fillo ou Carolus Linnaeus Filius, tamén coñecido como Carl von Linné o Mozo, nado en Falun, Condado de Dalarna, Suecia, o 20 de xaneiro de 1741, e finado en Uppsala o 1 de novembro de 1783, foi un naturalista sueco, fillo do famoso sistemático de mesmo nome Carl von Linné ou Carolus Linnaeus (1707 – 1778).

Para distinguilo de seu pai, cítase como Linnaeus filius (abreviado en botánica como L. f.).

Traxectoria miniatura|230px|Supplementum Plantarum. Ingresou na Universidade de Uppsala á idade de nove anos, onde os alumnos do seu pai, entre eles: Pehr Löfling (1729 – 1756), Daniel Solander (1733 – 1782) e Johann Peter Falck (1732 – 1774), lle ensinaron ciencias.

En 1763, aos 22 anos, sucedeu o seu pai na cátedra de medicina práctica en Uppsala. O seu nomeamento como profesor, sen pasar por exames e non defender ningunha tese, valeulle o resentimento dos seus colegas.

A súa obra é modesta, comparada coa do seu pai. A súa obra máis coñecida é Supplementum Plantarum systematis vegetabilium, publicada en 1781, que contén as descricións botánicas de Linné pai e dos seus colegas, aumentada con adicións propias. Distinguiu máis de 2000 especies, subespecies e variedades botánicas.

Herdou de seu pai inmensas coleccións científicas e a correspondencia cos seus colegas.

Cando morreu aos 42 anos, sen fillos, en 1783, dunha ictericia contraída durante unha visita a Londres, a súa nai (Sara Elisabeth Moraea) vendeu as súas coleccións ao botánico inglés Sir James Edward Smith que, seguidamente, as doou á Sociedade Linneana de Londres.

Principais obras Decas prima (et secunda) plantarum rariorum horti upsaliensis, 1762-1763. Nova graminum genera..., 1779. Supplementum plantarum systematis vegetabilium editionis decimae tertiae, Generum plantarum editionis sextae, et Specierum plantarum editionis secunda , 1781. Methodus muscorum illustra, Uppsala, 1784.

Abreviatura A abreviatura L. f. emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Véxase tamén

Ligazóns externas Carl Linnaeus fil. Swedish Museum of Natural History . Linnaeus, Carl (1741-1783) no IPNI.

Categoría:Científicos de Suecia Categoría:Botánicos de Suecia Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados en 1741 Categoría:Finados en 1783 Categoría:Carl von Linné Categoría:Nados no condado de Dalarna Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala