Salvador Bará Temes, nado en Pontevedra o 6 de agosto de 1930 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 2023, foi doutor en Ciencias Químicas, matemático, profesor e investigador galego, especialista en solos forestais e no eucalipto en Galicia. Foi asesor, en temas forestais, da Xunta de Galicia, da CEE e a FAO.

Traxectoria Estuda Ciencias Químicas na Universidade de Granada e terminou na Universidade de Santiago de Compostela onde se doutorou en 1967. Realizou os seus primeiros traballos de investigación sobre solos forestais na Misión Biolóxica de Galicia e no Centro Forestal de Lourizán, pertencente ao Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas, (na actualidade Centro de Investigacións Forestais da Xunta de Galicia).

A súa actividade investigadora centrouse en estudos sobre o impacto dos incendios forestais e a súa rexeneración, o uso de métodos electrométricos e bioquímicos para determinar o estado fisiolóxico das árbores, estudos comparativos sobre o piñeiro, o eucalipto e o carballo, e sobre o chan forestal de Galicia.

En 1990 foi nomeado membro da comisión da Comunidade Económica Europea sobre European Network on Soil Fertlisatión and Conservation: Assessment study of organic fertilisers, presidida polo Dr. Giuliano Grassi. En 1995 foi nomeado asesor da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, e tamén formou parte como vogal na Comisión Asesora da Investigación Agraria da Xunta de Galicia.Bibliografía anotada sobre efectos ambientales, sociales y económicos de los eucaliptos. (Roma, 1995)Comisión Científica de Evaluación. (Consellería de Agricultura. Orden del 1 de Abril de 1987)

Publicou preto de mil artigos, informes, deu cursos e conferencias ao longo de máis de corenta anos. En relación coa súa actividade investigadora desenvolveu dúas patentes, un dun fertilizante en cápsulas para uso forestal, e un medidor de zume no xilema de pólas illadas. Entre as súas distincións destacan a de Comendador da Orde Civil do Mérito Agrícola en 1975 e o terceiro premio de Investigación Nacional en 1983.Calidad de estación del pinus pinaster AIT en Galicia (Dirección General de Investigación y Capacitación Agraria, 1983)

Vida privada Fillo de Modesto Bará Álvarez, xornalista e defensor da teoría do Cristovo Colón galego, e Irene Temes Diéguez. Casou con Milagros Viñas Quiroga, sobriña do violinista pontevedrés Manuel Quiroga Losada, e é pai de Milagros Bará Viñas. Desde 1956 mantén en activo o indicativo de radioafeccionado EA1GF.

Obra Efectos Ecológicos del Eucaliptus Globulus en Galicia: Estudo comparativo con Pinus Pinaster e Quercus Robur (INIA, 1985) Fertlización Forestal (Xunta de Galicia, 1986 e 1990) Métodos Biofísicos para establecer el estado Fisiológico de Especies Forestales (INIA nº56, 1990) Métodos Eléctricos para o estudo das árbores e plantas (Xunta de Galicia, 1994)

Notas

Categoría:Nados en 1930

Categoría:Finados en 2023

Categoría:Nados en Pontevedra

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes