Sitta neglecta é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae, que vive no sueste asiático.
Distribución e hábitat Esta especie pode encontrarse en Birmania, Tailandia, Laos, Camboxa e Vietnam. O seu hábitat natural son os bosques secos tropicais ou subtropicais, bosques húmidos de terras baixas tropicais ou subtropicais, e bosques de montaña húmidos tropicais ou subtropicais.
Taxonomía Esta especie foi separada nunha especie propia por Rasmussen e Anderton (2005),Rasmussen, PC; Anderton, J (2005). The Birds of South Asia:The Ripley Guide. Smithsonian Institution & Lynx Edicions. xa que antes formaba parte do complexo S. castanea/cinnamoventris/neglecta.
Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional e Alan P. Peterson, non se distinguen subespecies dentro de S. neglecta.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitta neglecta e a súa distribución en Avibase. Sitta neglecta Walden, 1870 en Catalogue of Life .
Categoría:Sítidos Categoría:Animais descritos en 1870