Sitta himalayensis é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae, que vive en Asia.
A súa distribución abrangue as rexións norte e nordeste do subcontinente indio, principalmente nos Himalaias baixos a medios, así como en serras asociadas. Encóntrase en Bután, India, Laos, Birmania, Nepal, Tíbet, Tailandia e o noroeste de Vietnam.
Descrición e ecoloxía miniatura|Ilustración de John Gould.|150px|esquerda miniatura|Un S. himalayensis en Bután. Esta especie diferénciase da agatuñadeira de Caxemira (Sitta cashmirensis) por ter a bigoteira máis escura e un peteiro máis pequeno. A cor branca das plumas superiores da cola fano difícil de ver no campo. Ten un peteiro e partes inferiores laranxa avermelladas con cobertoiras claras subcaudais.
Vive na rexión do subhimalaia desde Himachal Pradesh ata Arunachal Pradesh e nos montes do sur de Assam (montes Lushai). Reprodúcese entre marzo e maio en bosques latifolios e mixtos.
O seu hábitat natural son os bosques de terras baixas húmidas subtropicais ou tropicais e os bosques de montaña húmidos tropicais ou subtropicais.
Taxonomía Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional e Alan P. Peterson non se distingue ningunha subespecie dentro desta especie. S. victoriae foi historicamente considerada unha subespecie de S. himalayensis, pero despois foi separada como especie propia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Sitta himalayensis e a súa distribución en Avibase. Ficha na UICN . Sitta himalayensis Jardine & Selby, 1835 en Catalogue of Life . Ficha en Animal Diversity Web . Ficha do Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica . Sitta himalayensis Jardine & Selby, 1835 en uBio .
Categoría:Sítidos Categoría:Animais descritos en 1835