O Gran Premio do Xapón de 1991 (oficialmente o XVII Fuji Television Japanese Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un disputada en Suzuka o 20 de outubro de 1991. Foi a décimo quinta e penúltima proba da tempada 1991 da Fórmula Un, o 18º Gran Premio do Xapón, o quinto en Suzuka e o sétimo que se celebrou no marco do campionato mundial de pilotos de Fórmula Un. A carreira disputouse ao longo de 53 voltas ao circuíto de seis quilómetros por unha carreira de 310 quilómetros. Foi gañada polo piloto de McLaren Gerhard Berger despois de comezar desde a pole position. O seu compañeiro de equipo Ayrton Senna terminou en segundo lugar e Riccardo Patrese foi terceiro para o equipo Williams.

Informe A Fórmula Un chegou ao Xapón coa loita polo título aínda aberta, foi o quinto ano consecutivo en que o título decidirase no circuíto de Suzuka. Os organizadores esperaban que os eventos do Gran Premio do Xapón de 1990 non se repetisen. Ambos contendentes ao campionato Ayrton Senna e Nigel Mansell sabían exactamente o que tiñan que facer, Mansell tiña que gañar con axuda e Senna necesitaba vencer a Mansell. Houbo varios cambios na aliñación de pilotos, sendo o máis notable o de Leyton House, onde Ivan Capelli foi substituído polo mozo austríaco Karl Wendlinger. Por outra parte, AGS quedou sen diñeiro e non fixo a viaxe ao Xapón, mentres que outros atrasados como Coloni contrataron ao condutor local Naoki Hattori, pero non puido precualificarse. Johnny Herbert estaba detrás do volante do Lotus logo de perderse unhas carreiras na segunda metade da tempada debido aos compromisos de Fórmula 3000 xaponesa.

A cualificación viu moitos grandes accidentes, incluída a nova sensación Michael Schumacher e o piloto de Ferrari Jean Alesi. O maior destes accidentes foi o que lle sucedeu a Éric Bernard que rompeu o nocello e non tomou parte na carreira. Ao final das sesións de cualificación, quedou unha primeira fila de McLaren con Gerhard Berger, por diante de Ayrton Senna. Mansell foi terceiro seguido polo infeliz Alain Prost, Riccardo Patrese, Jean Alesi, Pierluigi Martini, Gianni Morbidelli, Michael Schumacher, e Nelson Piquet.

No comezo da carreira, Berger saíu ben e Senna bloqueou a Mansell como lle fixo Mansell en Portugal. Por outra parte, o día de Jean Alesi terminou na primeira volta en mdio dunha nube de fume, o seu motor Ferrari explotara. Ao final da 1ª volta, a orde era Berger, Senna, Mansell, Patrese e Prost. Houbo un grande accidente na segunda volta cando Andrea de Cesaris trompeou co seu Jordan mentres lideraba a outros autos, e o accidente resultante levou a Wendlinger, Pirro, e Lehto con el. diante, Berger púxose na cabeza mentres Mansell acosaba a Senna. Todo terminou na volta 10 cando Mansell cometeu un erro na primeira curva e saíuse. O seu Williams quedou atrapado na grava e Mansell estaba fóra da loita polo campionato.

Coa noticia da retirada de Mansell, Senna e Berger perdéronse na distancia, con Berger saudando ao seu compañeiro de equipo campión do mundo cando o pasou. Os dous correron en formación durante o resto da carreira con Senna deixando pasar a Berger na última volta para gañar a súa primeira carreira para McLaren.

Patrese terminou en terceiro lugar seguido de Prost, Martin Brundle anotou os últimos puntos na historia do equipo de Brabham, e Stefano Modena no Tyrrell. Senna gañara o seu terceiro campionato mundial, pero o brasileiro freou as celebracións na entrevista posterior á carreira facendo comentarios mordaces sobre o presidente sainte da FISA Jean-Marie Balestre e admitindo que sacou intencionadamente a Alain Prost da pista o ano anterior en Suzuka, o que provocou moito resentimento e críticas a Senna da comunidade da F1.

Clasificación

Cualificación Previa

Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 7 Martin Brundle Brabham-Yamaha 1:41.289 — 2 10 Alex Caffi Footwork-Ford 1:42.382 +1.093 3 9 Michele Alboreto Footwork-Ford 1:42.479 +1.190 4 14 Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 1:43.025 +1.736 5 8 Mark Blundell Brabham-Yamaha 1:44.025 +2.736 6 31 Naoki Hattori Coloni-Ford 2:00.035 +18.746

Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 diferenza 1 2 Gerhard Berger McLaren-Honda 1:36.458 1:34.700 — 2 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:36.490 1:34.898 +0.198 3 5 Nigel Mansell Williams-Renault 1:36.529 1:34.922 +0.222 4 27 Alain Prost Ferrari 1:37.565 1:36.670 +1.970 5 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 1:37.874 1:36.882 +2.182 6 28 Jean Alesi Ferrari 1:37.718 1:37.140 +2.740 7 23 Pierluigi Martini Minardi-Ferrari 1:40.176 1:38.154 +3.454 8 24 Gianni Morbidelli Minardi-Ferrari 1:41.088 1:38.248 +3.548 9 19 Michael Schumacher Benetton-Ford 1:39.742 1:38.363 +3.663 10 20 Nelson Piquet Benetton-Ford 1:40.557 1:38.614 +3.914 11 33 Andrea de Cesaris Jordan-Ford 1:40.407 1:38.842 +4.142 12 22 JJ Lehto Dallara-Judd 1:40.191 1:38.911 +4.211 13 32 Alessandro Zanardi Jordan-Ford 1:39.051 1:38.923 +4.223 14 4 Stefano Modena Tyrrell-Honda 1:39.245 1:38.926 +4.226 15 3 Satoru Nakajima Tyrrell-Honda 1:40.100 1:39.118 +4.418 16 21 Emanuele Pirro Dallara-Judd 1:41.246 1:39.238 +4.538 17 25 Thierry Boutsen Ligier-Lamborghini 1:39.946 1:39.499 +4.799 18 15 Maurício Gugelmin Leyton House-Ilmor 1:40.714 1:39.518 +4.818 19 7 Martin Brundle Brabham-Yamaha 1:40.867 1:39.697 +4.997 20 26 Érik Comas Ligier-Lamborghini 1:41.251 1:39.820 +5.120 21 11 Mika Häkkinen Lotus-Judd 1:41.485 1:40.024 +5.324 22 16 Karl Wendlinger Leyton House-Ilmor 1:41.639 1:40.092 +5.392 23 12 Johnny Herbert Lotus-Judd 1:40.512 1:40.170 +5.470 24 14 Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 1:42.835 1:40.184 +5.484 25 30 Aguri Suzuki Lola-Ford 1:41.528 1:40.255 +5.555 26 10 Alex Caffi Footwork-Ford 1:40.517 1:40.402 +5.702 27 9 Michele Alboreto Footwork-Ford 1:41.536 1:40.844 +6.144 28 34 Nicola Larini Lambo-Lamborghini 1:43.057 1:42.492 +7.792 29 35 Eric van de Poele Lambo-Lamborghini 1:46.641 1:42.724 +8.024 30 29 Éric Bernard Lola-Ford — —NTS* * Precualificado pero lesionado durante a práctica (perna rota)

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 2 Gerhard Berger McLaren-Honda 53 1:32:10.695 1 10 2 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 53 + 0.344 2 6 3 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 53 + 56.731 5 4 4 27 Alain Prost Ferrari 53 + 1:20.761 4 3 5 7 Martin Brundle Brabham-Yamaha 52 + 1 volta 19 2 6 4 Stefano Modena Tyrrell-Honda 52 + 1 volta 14 1 7 20 Nelson Piquet Benetton-Ford 52 + 1 volta 10 8 15 Maurício Gugelmin Leyton House-Ilmor 52 + 1 volta 18 9 25 Thierry Boutsen Ligier-Lamborghini 52 + 1 volta 17 10 10 Alex Caffi Footwork-Ford 51 + 2 voltas 26 11 14 Gabriele Tarquini Fondmetal-Ford 50 + 3 voltas 24 Ret 26 Érik Comas Ligier-Lamborghini 41 Alternador 20 Ret 23 Pierluigi Martini Minardi-Ferrari 39 Eléctrico 7 Ret 19 Michael Schumacher Benetton-Ford 34 Motor 9 Ret 12 Johnny Herbert Lotus-Judd 31 Motor 23 Ret 3 Satoru Nakajima Tyrrell-Honda 30 Trompo 15 Ret 30 Aguri Suzuki Lola-Ford 26 Motor 25 Ret 24 Gianni Morbidelli Minardi-Ferrari 15 Roda 8 Ret 5 Nigel Mansell Williams-Renault 9 Trompo 3 Ret 32 Alessandro Zanardi Jordan-Ford 7 Caixa de cambios 13 Ret 11 Mika Häkkinen Lotus-Judd 4 Motor 21 Ret 33 Andrea de Cesaris Jordan-Ford 1 Colisión 11 Ret 22 JJ Lehto Dallara-Judd 1 Colisión 12 Ret 21 Emanuele Pirro Dallara-Judd 1 Colisión 16 Ret 16 Karl Wendlinger Leyton House-Ilmor 1 Colisión 22 Ret 28 Jean Alesi Ferrari 0 Motor 6 NSC 9 Michele Alboreto Footwork-Ford NSC 34 Nicola Larini Lambo-Lamborghini NSC 35 Eric van de Poele Lambo-Lamborghini NSC 29 Éric Bernard Lola-Ford NSCP 8 Mark Blundell Brabham-Yamaha NSCP 31 Naoki Hattori Coloni-Ford

Posicións logo da carreira Texto en negra indica quen aínda ten unha oportunidade teórica de converterse en Campión do Mundo.

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Ayrton Senna 91 2 Nigel Mansell 69 3 Riccardo Patrese 52 4 Gerhard Berger 41 5 Alain Prost 34

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Honda 132 2 Williams-Renault 121 3 Ferrari 55 4 Benetton-Ford 37 5 Jordan-Ford 13

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Footnotes

Referencias

Ligazóns externas

Xapón Categoría:Gran Premio do Xapón de Fórmula 1