Acontecementos

6 de setembro - Tras a morte de Rodolfo III de Borgoña: Conrado III, emperador do Sacro Imperio Romano, ascende ao trono de Borgoña do que fora nomeado herdeiro por Rodolfo III. Os territorios da Provenza, Savoia e o condado de Borgoña incorpóranse ao Sacro Imperio. Roberto I, irmán de Henrique I de Francia, recibe o ducado de Borgoña. Este é o principio dunha gran rivalidade entre ambos os dous irmáns. Eudes II de Blois inicia a rebelión dos señores feudais e os prelados de Borgoña contra o seu tío o emperador. A rebelión remata no ano 1034. Bieito IX é elixido como Papa, sucedendo ao papa Xoán XIX, e sendo o papa número 145. Şanlıurfa, en Turquía, é arrebatada aos árabes polo emperador bizantino Georges Maniakès.

Nacementos

Vratislav II de Bohemia.

Mortes 25 de xullo - Costanza de Arles, raíña consorte de Francia. 6 de setembro - Rodolfo III, tamén coñecido coma O Piadoso ou O Folgazán, último rei de Borgoña. Nacera no ano 970. O xefe qaraxanida Kadir Kara Yusuf, conquistador da rexión budista de Khotan. Xoán XIX - papa da Igrexa católica romana.

Véxase tamén Historia ano a ano

Categoría:1032