Juana de la Caridad "Juanita" Castro Ruz, nada en Birán (provincia de Holguín) o 6 de maio de 1933, é unha activista cubana, irmá de Fidel e Raúl Castro, ámbolos dous presidentes de Cuba. Despois de colaborar coa Axencia de Intelixencia Central en Cuba, viviu nos Estados Unidos dende 1964.

Traxectoria Naceu preto de Mayarí, a cuarta filla de Ángel Castro Argiz e Lina Ruz González, e ten tres irmáns —Ramón, Fidel, e Raúl— e tres irmás —Angelita, Enma, e Agustina-. Lina Ruz González era a cociñeira de Ángel Castro; estaba casado con outra muller durante o nacemento de Juanita. Tamén ten seis medio irmáns: Lidia, Pedro Emilio, Manuel, Antonia, e Georgina, que foron criados pola primeira muller de Ángel Castro, María Luisa Argota,Bardach, Ann Louise: Cuba Confidential. p57-59 e Martín Castro, fillo que tivo Ángel coa mulata Generosa Batista.

Política Juanita Castro foi activa na revolución cubana, comprando armas para o Movemento do 26 de xullo durante a súa campaña contra Fulgencio Batista. En 1958 viaxou ós Estados Unidos para recadar fondos para apoiar o movemento insurxente. Despois da revolución Juanita sentiuse traizoada pola influencia crecente dos comunistas no goberno cubano.Cuba Confidential by Ann Lousie Bardach, page 57 Comezou a colaborar coa CIA en actividades contra o goberno cubano e finalmente deixou Cuba para instalarse en Miami, onde foi propietaria dunha farmacia e dende onde se pronunciou en numerosas ocasións contra o goberno de seu irmán Fidel.

Notas

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Cubanos de ascendencia galega Categoría:Cubanos de ascendencia canaria Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados na provincia de Holguín