Os Casás é un lugar da parroquia de Vilaxuste, no concello lugués de Portomarín na comarca de Lugo.

O lugar dos Casás comunícase co resto da parroquia a través dun camiño veciñal denominada pista dos Casás. Polo lugar discorre o rego das Temprás, o cal nace en Lama Cabreira e desemboca no río que nesta zona se chama simplemente "río", e oficialmente denomínase río Lagoa, o que á súa vez é un afluente do río Ferreira, afluente este do río Miño. A economía do lugar está baseada na gandaría vacúa (principalmente de leite) e ovina.

Lugares e parroquias Lugares de Vilaxuste

Parroquias de Portomarín

Categoría:Lugares de Portomarín