Ana María Becciu, nada en Buenos Aires o 20 de xullo de 1948, é unha poeta, profesora, e tradutora arxentina.

Traxectoria Estudou Letras na Universidade Católica Arxentina, onde obtivo o título de profesora en letras en 1972. En 1976 deixou Arxentina e viviu en Barcelona primeiro e máis tarde París, onde proseguiu os seus estudos na Universidade Central de Barcelona e na Sorbona (París VII).El Autor Jason Weiss agradeció por ejemplo, también expresamente por la ayuda y sugerencias en su libro sobre mujeres escritoras latinoaméricas en París: Jason Weiss: The lights of home: a century of Latin American writers in Paris. Routledge 2003, pp. 10. Traballou como tradutora supernumeraria nalgúns organismos do sistema das Nacións Unidas. Ademais é tradutora literaria de autores como Chester Himes, Djuna Barnes, Allen Ginsberg, Tennessee Williams, Mary McCarthy, Valerie Solanas, Nadia Fusini, Alberto Manguel, Pascal Quignard, Patricia Runfola ou Nathalie Sarraute.

Desde 2002 reside en Francia. Pertence á Asociación internacional de escritores (PEN).

Encargouse da compilación da obra do poeta arxentina Alejandra PizarnikAuf dem Weg zum Abgrund. In ihren Tagebüchern offenbarte die Lyrikerin Alejandra Pizarnik ihre Verwundbarkeit. Deutschlandfunk, 3 de maio de 2007. que foi publicada pola Editorial Lumen (Random House Mondadori) de Barcelona en tres volumes, Poesía, Prosa e Diarios, entre 2000 e 2002.

Obra como autora Como quien acecha (Editorial de la Flor, 1973) Por ocuparse de ausencias (Último Reino, 1982) Ronda de noche (Neuaufl, 1999) La visita y otros libros (Bugrera, 2007) como editora e investigadora Jorge Manrique: Poesías completas (1974) Julio Cortázar: Algunos pameos y otros prosemas (2000) Alejandra Pizarnik: In einem Anfang war die Liebe Gewalt. Tagebücher (2007)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Díaz, Gwendolyn (2007): Women and Power in Argentine Literature. Stories, Interviews and Critical Essays. University of Texas Press, Austin TX , ISBN 978-0-292-71649-0 (Texas Pan-American Literature in Translation Series) Rodríguez Gutiérrez, Milena (2009): Poetas transatlánticas: hispanoamericanas na España de hoxe. Cristina Peri Rossi, Ana Becciu, Isel Rivero. En: Anais de Literatura Hispanoamericana. 38, 2009, pp. 111–133, online (PDF; 132 kB)

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1948 Categoría:Tradutores da Arxentina Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Escritores en lingua castelá