O home tranquilo (en ) é un filme estadounidense de 1952. O filme gañou dous premios Oscar, ao mellor director e á mellor fotografía en cor e tivo outras cinco candidaturas: mellor filme, mellor guión, mellor actor secundario (Victor McLaglen), mellor dirección artística e mellor son.

En 2013 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.

Foi emitido na TVG o 24 de maio de 1986.La Voz de Galicia, 24 de maio de 1986. Páx. 63

Argumento miniatura|esquerda|Sean e Mary Kate Sean Thornton (John Wayne) é un "home tranquilo e pacífico" que con trinta e tantos anos regresa á localidade de Innisfree, na súa Irlanda natal, de onde saíu con 12 anos cara aos Estados Unidos. Dáse de conta axiña de que a vida entre os habitantes de Innisfree non é tan idílica como espera, xa que o temperamento irlandés e as regras que rexen esa sociedade lle son descoñecidas. Ao chegar, decide mercar a súa casa natal e os terreos que a rodean, mais choca cos intereses de Willy Danaher, un matón temido no lugar. Asemade, Sean Thornton fíxase nunha fermosa mais borrascosa muller chamada Mary Kate (Maureen O'Hara), quen resulta ser irmá de Willy Danaher.

Elenco John Wayne, como Sean Thornton Maureen O'Hara, como Mary Kate Danaher Barry Fitzgerald, como Michaleen Oge Flynn Ward Bond, como pai Peter Lonergan Victor McLaglen, como 'Red' Will Danaher Mildred Natwick, como viúva Sarah Tillane Francis Ford, como Dan Tobin Eileen Crowe, como sra. Elizabeth Playfair May Craig, como pescadora na estação Arthur Shields, como rev. Playfair Charles B. Fitzsimons, como Hugh Forbes James O'Hara, como pai Paul Sean McClory, como Owen Glynn Jack MacGowran, como Ignatius Feeney Joseph O'Dea, como Molouney Eric Gorman, como Costello (maquinista) Kevin Lawless, como foguista Paddy O'Donnell, como xefe da estación Ruth Clifford, como nai (sen acreditar) Pat O'Malley,Pat O’Malley no IMDB como home no bar (sen acreditar)

O machismo en O home tranquilo Contén unha escena que se recolle no estudo do machismo na historia do cinema.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Crosson, Seán e Rod Stoneman (2009). The Quiet Man ... and Beyond: Reflections on a Classic Film, John Ford, and Ireland. Liffey Press. . Includes chapters examining the film's use of language, style, landscape and Ford's connection more generally with Ireland.

Narrative of the film's production. Ligazóns externas The Quiet Man on Rotten Tomatoes The Quiet Man at Filmsite.org Quiet Man Movie Club The Quiet Man at Reel Classics The Quiet Man Cottage museum in Cong William C. Dowling, "John Ford's Festive Comedy: Ireland Imagined in The Quiet Man" Dick Farrelly, songwriter: Lyrics A Quiet Man Miscellany Cork University Press Dick Farrelly and 'The Isle of Innisfree'

Categoría:Filmes de 1952 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Ford Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Irlanda Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1952 con versión en galego Categoría:Filmes en lingua irlandesa