O cebuano, tamén coñecido coma sugbuanon, é unha lingua pertencente ó filo austronesio, dentro da rama occidental malaio-polinesia e do grupo Visayas (Visayan ou Binisayâ). Falada en Filipinas por preto de 18 000 000 persoas. O nome provén do nome da illa filipina de Cebú.

O cebuano é a lingua nativa dos habitantes de Cebú, de Bohol, de Negros Oriental e da xente da provincia occidental de Leyte e Mindanao norteño. Tamén se fala nalgunhas cidades e illas en Samar. Ata os anos 1980, o cebuano superaba ó tagalo en termos de falantes. O dialecto usado en Bohol chámase Boholán e ás veces considérase un idioma separado.

Números 1. usá 2. duhá 3. tulú 4. upát 5. limá 6. unúm 7. pitú 8. walú 9. siyám 10. napúlu 11. napúlu'g usá 11. onse (a miúdo empréganse empréstimos do español para números superiores a 10) 20. kawhaan 30. katloan 40. kaapatan/kap'atan 50. kalimaan/kalim'an 60. kaunuman/kan'uman 70. kapituan 80. kawaloan 90. kasiyaman 100 usá ka gatos 1.000 usá ka libo 1 000 000 usa ka libo ka libo

Exemplos Podo facer unha pregunta? - "Mahimo bang mangutana?" o "Puwede 'ko mangutana?" Bos días! - Maayong buntag! Onde vai vostede? - Asa ka padulong? Onde está o cuarto de baño? - Asa man ang CR(banyo)? Onde está o seu cuarto de baño? - Asa man ang CR(banyo) 'ninyo? Como se chama? - Unsay ngalan nimo? Onde está a praza? - Asa man ang merkado? Quixera comprar isto. - Paliton na nako. Quixera dous deses. - Gusto ko ug duha ana. Ola, chámome John. - "Kumusta. John akong ngalan". ou, "Ako si John"

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en cebuano Ligazóns externas BISAYA-Lunsayng Binisaya Ethnologue report for Cebuano Cebuano - English Dictionary: dende Webster's Online Dictionary - Edición Rosetta . Sun Star Cebu News

Categoría:Linguas malaio-polinesias Categoría:Linguas de Filipinas