STS-102 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 8 de marzo de 2001 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-102, con catro astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante James Wetherbee, o piloto James Kelly e os especialistas de misión Andrew S. W. Thomas e Paul W. Richards. O Discovery acoplouse coa estación o 9 de marzo ás 5:34 UT co obxectivo principal de levar subministracións no módulo multipropósito italiano (MPLM polas súas siglas en inglés, MultiPurpose Logistics Module) Leonardo e traer de volta lixo e equipos averiados ou sen utilidade. O MPLM, un cilindro de 6,4 x 4,6 m aloxado na bodega de carga do Discovery e derivado dos módulos Spacelab, levaba dentro equipamento para facer experimentos. A tripulación fixo algúns paseos espaciais para instalar a plataforma que soportaría o brazo robótico Canadarm 2, que sería levado na misión STS-100.
O Discovery aterrou no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 21 de marzo de 2001.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS