Teens of Style é o noveno álbum da banda estadounidense de indie rock Car Seat Headrest, publicado o 30 de outubro de 2015. Foi o seu primeiro disco gravado para Matador Records. Creado como un recompilatorio introductorio para novos oíntes, está formado por versións reelaboradas de temas do grupo editados orixinalmente entre 2010 e 2012, coa adición dunha nova composición.

Antecedentes e gravación Na descrición do video musical de "No Passion" defínese Teens of Style é unha colección de vellas cancións de Car Seat Headrest regravadas en 2015 para facer un novo lanzamento ampliado sonoramente.

En outubro de 2015 Will Toledo dixo nunha á revista Interview, "Cando gravei orixinalmente as cancións, non creo que as considerase as versións finais, [...] Só foron autogravadas e quería facelas correctamente nalgún momento".

Falando con Stereogum, Toledo comentou: "Tiven a idea durante un tempo, incluso cando as estaba gravando orixinalmente; parecía o mellor que podía facer nese momento, en lugar de algo co que sería feliz para sempre. Iso era parte do atractivo dos álbums dixitais, que podían sentirse menos ‘oficiais’, e eu podería meterme con eles moito despois da súa data de lanzamento técnico".

Entre os intérpretes da gravación inclúense a formación da banda ao vivo na época na que Car Seat Headrest fichou por Matador; Andrew Katz na batería e Jacob Bloom no baixo.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Car Seat Headrest Categoría:Álbums musicais de 2015 Categoría:Álbums de Matador Records