STS-104 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 12 de xullo de 2001 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-104, con cinco astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Steven Lindsey, o piloto Charles Hobaugh e os especialistas de misión Michael Gernhardt, Janet Kavandi e James Reilly. O Atlantis acoplouse coa estación ás 3:08 GMT do 14 de xullo co obxectivo principal de instalar a esclusa Quest no módulo Unity do complexo orbital e aterrou no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 25 de xullo de 2001.
Durante a misión o transbordador levou a cabo o experimento SIMPLEX (Shuttle Ionospheric Modification with Pulsed Local EXhaust), no que acendeu os seus propulsores por pulsos mentres desde terra se enviaban sinais de radar para entender como os gases de escape dan lugar a ecos de radiofrecuencia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis
Categoría:Programa STS