Francisco Vázquez Rey, coñecido como O Ferreiro de Campaña, nado en Campaña (Valga) cara a 1898 e finado na Arxentina, foi un industrial e político galego.
Traxectoria Mecánico de profesión, tiña un taller en Campaña. Na II República foi concelleiro de Valga e tenente de Alcalde. Afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido co seu irmán José Antonio e trasladados á prisión de Compostela. Un antigo alumno falanxista do seu irmán axudounos para saír en liberdade. Fuxiron a América embarcando no vapor Monte Olivia en Vilagarcía de Arousa o 22 de setembro. Arribou a Buenos Aires o 14 de outubro de 1936.Centro de Estudios Migratorios Latinoamericanos Foi xulgado por responsabilidades políticas en 1941.El Pueblo Gallego, 6-4-1941, p. 4. Morreu na Arxentina.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Valga Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en ano descoñecido