Rafael Mariño Vilela, finado en Ordes o 18 de febreiro de 1983Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-2-1983, p. 45., foi un comerciante e político galego. Traxectoria Comerciante de Ordes. Falanxista, foi xefe da Falange de Ordes.El Compostelano, 30-11-1938, p. 1. Amigo íntimo de Diego Salas Pombo. Foi nomeado alcalde de Ordes en novembro de 1942. Foi detido, acusado de manter unha reunión con guerrilleiros antifranquistas, o que lle custou a alcaldía e unha tempada no cárcere da Coruña. Morreu en Ordes con 73 anos.
Vida persoal Casou con María Franqueira Regos e tivo dous fillos: Rafael Mariño Franqueira e María del Carmen de la Soledad Mariño Franqueira. Tivo unha única neta, filla da súa filla María del Carmen e unha bisneta, a escritora feminista Miriam Couceiro Castro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Ordes Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en ano descoñecido