Juan Liñares Iglesias, nado en 1885 e finado en Ordes o 3 de abril de 1951La Voz de Galicia, 4-4-1951, p. 3., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Gumersindo Liñares Iglesias. Foi xuíz e banqueiro. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Ordes en 1930. Foi deputado provincial. Despois instalouse na Coruña.

Vida persoal Casou en 1906 con María Castro Bao e foi pai de Pilar, Ángeles, Gumersindo, Juan, Manuel, Julio e Ramón Liñares Castro.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A familia Liñares

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Ordes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes