miniatura|Sinatura de Victor Hugo. miniatura|Sinatura de Shakespeare. A grafoloxía é unha pseudociencia que se centra na investigación de certas cualidades individuais ou mesmo do carácter do escribente mediante a súa caligrafía e a sinatura. Mentres moitos a consideran unha sorte de adiviñación sen base científica, outros cren firmemente nos seus resultados. O certo é que algunhas das súas conclusións son verificables. Para a análise xeral estúdanse certos detalles da escrita, entre os que destacan: a dirección e distancia entre alíneas; a forma das letras e dos seus trazos (curvas, rectas, círculos pechados); a inclinación de cada letra particular; a elaboración e espontaneidade na escrita; a lexibilidade, tanto na escrita coma na sinatura; En termos xerais, pódese dicir que a parte superior do papel é o mundo espiritual ou das ideas, do idealismo, mentres que a parte inferior é o pragmatismo e a vida material. Do mesmo xeito, as direccións na dirección do avance da liña (de esquerda a dereita) son o futuro mentres que o contrario (o retroceso) é o pasado.

Certas letras son coñecidas por evidenciar certos aspectos da personalidade. Así, por exemplo: a letra g amosa a vida sexual; o t transparenta a vida familiar e a protección ós fillos e achegados; o ñ e outras letras con diacríticos dan conta do detallismo; etc.

Notas

Categoría:Grafoloxía Categoría:Pseudociencia