O aeroporto do Porto Santo é un aeroporto portugués situado en Vila Baleira a capital da illa de Porto Santo, en Madeira.
Historia A illa de Porto Santo foi a primeira das illas de Madeira en ter un aeroporto. No ano 1959 construíuse a súa pista cunha lonxitude inicial de 2 000 metros. O primeiro avión en aterrar foi un Douglas DC-4 de TAP Portugal o día 20 de xullo de 1960.
As infraestruturas do aeroporto foron mellorándose co tempo, incrementándose a lonxitude da pista e a superficie da plataforma. As últimas melloras remataron o 28 de agosto de 1995 coa inauguración dunha nova terminal de pasaxeiros e un novo incremento da lonxitude da pista ata acadar os 3 000 metros.
Aeroliñas e destinos
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
Porto Santo Categoría:Madeira