O aeroporto internacional de Edmonton é o principal aeroporto da rexión de Edmonton, na provincia canadense de Alberta. Operado por Edmonton Airports, está situado a 26 quilómetros ao sur do centro de Edmonton, no condado de Leduc. O aeroporto ofrece voos regulares a grandes cidades do Canadá, Estados Unidos, México, o Caribe, Centroamérica e Europa.
O aeroporto é un importante centro de conexións para o norte de Alberta e o norte do país. É o aeroporto máis grande do Canadá en área total, o quinto máis concorrido en termos de pasaxeiros e o noveno en número de operacións. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 7 523 864 pasaxeiros.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
Edmonton