O Gran Premio de Australia de 1992 foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 8 de novembro de 1992 nun circuíto urbano na cidade de Adelaida. A carreira foi o 57º Gran Premio de Australia e o oitavo disputado no circuíto de Adelaida, que tamén o converteu no oitavo GP de Australia que formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Foi a décimo sexta e última carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992.

O momento máis significativo foi unha colisión entre Ayrton Senna e Nigel Mansell cando o brasileiro intentou adiantar ao inglés, eliminando a ambos pilotos. Esta debía ser a última carreira de Fórmula 1 de Mansell antes de pasar a IndyCar, aínda que regresou brevemente en e .

Martin Brundle (que pasou en a Ligier), o gañador da carreira Gerhard Berger (que regresou a Ferrari en 1993) e Riccardo Patrese (que se uniu a Benetton para 1993) estabann entre os moitos pilotos para quen esta foi a última carreira cos seus equipos actuais, mentres que para Jan Lammers, Stefano Modena, Maurício Gugelmin, Olivier Grouillard foi a última carreira da súa andaina na Fórmula 1. Tamén se rumoreaba que sería a última carreira de Ayrton Senna en Mcclaren, pero isto finalmente resultaría falso xa que o brasileiro permanecería co equipo en .

Nicola Larini comezou esta carreira desde a parte posterior da grella. Jordan anotou o seu único punto da tempada con Stefano Modena, mentres que Thierry Boutsen (quen gañou aquí en 1989 anotou os seus únicos puntos da tempada 1992, e de feito os últimos puntos da súa carreira. O podio dobre de Benetton asegurou que anotasen puntos en cada rolda.

Esta foi a carreira final de McLaren cun motor Honda Racing F1 ata . A compañía deixou de participar neste deporte logo desta carreira, aínda que o Mugen unha filial da compañía continuou. Regresaron en como fornecedores de motores a BAR. Para os equipos Dallara e March, esta foi a súa última aparición no deporte.

Clasificación Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 5 Nigel Mansell Williams-Renault 1:13.732 1:15.133 — 2 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:14.202 1:14.416 +0.470 3 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 1:14.370 1:15.895 +0.638 4 2 Gerhard Berger McLaren-Honda 1:15.114 1:15.688 +1.382 5 19 Michael Schumacher Benetton-Ford 1:15.210 1:16.613 +1.478 6 27 Jean Alesi Ferrari 1:16.091 1:17.213 +2.359 7 4 Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 1:16.440 1:17.333 +2.708 8 20 Martin Brundle Benetton-Ford 1:16.562 1:17.674 +2.830 9 26 Érik Comas Ligier-Renault 1:16.727 1:17.856 +2.995 10 11 Mika Häkkinen Lotus-Ford 1:16.863 1:17.868 +3.131 11 9 Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 1:16.937 1:17.621 +3.205 12 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 1:16.944 1:18.099 +3.212 13 3 Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 1:17.037 1:19.017 +3.305 14 22 Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 1:17.047 1:18.043 +3.315 15 32 Stefano Modena Jordan-Yamaha 1:17.231 1:18.790 +3.499 16 24 Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 1:17.333 1:19.661 +3.601 17 23 Christian Fittipaldi Minardi-Lamborghini 1:17.367 1:19.441 +3.635 18 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 1:17.409 1:19.589 +3.677 19 28 Nicola Larini Ferrari 1:17.465 1:18.618 +3.733 20 33 Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 1:17.805 1:19.735 +4.073 21 29 Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 1:17.808 1:18.477 +4.076 22 25 Thierry Boutsen Ligier-Renault 1:17.957 1:17.976 +4.225 23 17 Emanuele Naspetti March-Ilmor 4:23.313 1:18.099 +4.367 24 21 JJ Lehto Dallara-Ferrari 1:18.565 1:18.891 +4.833 25 16 Jan Lammers March-Ilmor 3:10.720 1:18.843 +5.111 26 30 Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 1:18.862 1:20.306 +5.130Fonte:

Race Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 2 Gerhard Berger McLaren-Honda 81 1:46:54.786 4 10 2 19 Michael Schumacher Benetton-Ford 81 + 0.741 5 6 3 20 Martin Brundle Benetton-Ford 81 + 54.156 8 4 4 27 Jean Alesi Ferrari 80 + 1 volta 6 3 5 25 Thierry Boutsen Ligier-Renault 80 + 1 volta 22 2 6 32 Stefano Modena Jordan-Yamaha 80 + 1 volta 15 1 7 11 Mika Häkkinen Lotus-Ford 80 + 1 volta 10 8 10 Aguri Suzuki Footwork-Mugen-Honda 79 + 2 voltas 18 9 23 Christian Fittipaldi Minardi-Lamborghini 79 + 2 voltas 17 10 24 Gianni Morbidelli Minardi-Lamborghini 79 + 2 voltas 16 11 28 Nicola Larini Ferrari 79 + 2 voltas 19 12 16 Jan Lammers March-Ilmor 78 + 3 voltas 25 13 12 Johnny Herbert Lotus-Ford 77 + 4 voltas 12 Ret 21 JJ Lehto Dallara-Ferrari 70 Caixa de cambios 24 Ret 17 Emanuele Naspetti March-Ilmor 55 Caixa de cambios 23 Ret 29 Bertrand Gachot Larrousse-Lamborghini 51 Sistema combustible 21 Ret 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 50 Motor 3 Ret 30 Ukyo Katayama Larrousse-Lamborghini 35 Diferencial 26 Ret 4 Andrea de Cesaris Tyrrell-Ilmor 29 Motor 7 Ret 5 Nigel Mansell Williams-Renault 18 Colisión 1 Ret 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 18 Colisión 2 Ret 33 Maurício Gugelmin Jordan-Yamaha 7 Trompo 20 Ret 26 Érik Comas Ligier-Renault 4 Motot 9 Ret 9 Michele Alboreto Footwork-Mugen-Honda 0 Motor 11 Ret 22 Pierluigi Martini Dallara-Ferrari 0 Accidente 14 Ret 3 Olivier Grouillard Tyrrell-Ilmor 0 Accidente 13

Líderes por volta Líderes por volta: Nigel Mansell 18 (1-18); Riccardo Patrese 32 (19-50); Gerhard Berger 31 (51-81)

Posicións logo da carreira Texto en negra indica Campión do Mundo.

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Nigel Mansell 108 2 Riccardo Patrese 56 3 Michael Schumacher 53 4 Ayrton Senna 50 5 Gerhard Berger 49

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Renault 164 2 McLaren-Honda 99 3 Benetton-Ford 91 4 Ferrari 21 5 Lotus-Ford 13

Nota: Só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Australia Categoría:Gran Premio de Australia de Fórmula 1