Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles máis coñecido pola contracción do seu nome: CAF, é unha empresa vasca con sede social en Beasain (Guipúscoa) que leva décadas a construír trens e material ferroviario para as redes de tranvía, ferrocarril metropolitano e suburbano, de medio e longo percorrido e de alta velocidade máis importantes do mundo.
Historia As súas orixes remóntanse a 1895, cando Gustavo Carde e Nicolás Escoriaza fundaron a empresa de carpintaría mecánica e fabricación de material automóbil Carde e Escoriaza. Esta sociedade forneceu, entre 1895 e 1918, tranvías a cidades como Donostia, Bilbao, Cádiz, Madrid ou Barcelona entre outras. Asemade, produciu coches para o Metro de Madrid e diversos automotores e coches remolcados. En 1920 mudou o nome a Material Móvil y Construcciones, e en 1954 a Compañía Auxiliar de Ferrocarriles adquiriu o control da sociedade fundada por Carde e Escoriaza.
Entre 1971 e 1992 naceu CAF, tal e como se lle coñece hoxe en día, após a fusión da empresa orixinal coa Compañía Auxiliar de Ferrocarriles e o traslado ás instalacións de Zaragoza. Logo chegou a súa presenza nos mercados europeos, a súa consolidación internacional e a cofundación de subsidiarias como Actren en España ou o consorcio Frota BH no Brasil. Nos últimos anos encóntrase entre as 200 maiores empresas españolas.
En xaneiro de 2018 confirmouse a participación do Goberno Vasco en CAF coa adquisición do 1,24% -por 15 millóns de euros- do total de accións da empresa.
Alta Velocidade Co seu automotor eléctrico de alta velocidade bautizado como Oaris, CAF busca introducirse nun nicho, o de velocidades máximas comercias en servizos de longo percorrido, encomendado até o de agora por Renfe a competidores como Talgo, Siemens ou Alstom.
Material rodante fabricado por CAF
Notas
Véxase tamén Outros artigos Serie 121 de Renfe Serie 594 de Renfe Serie 596 de Renfe Serie 598 de Renfe Serie 599 de Renfe
Categoría:Empresas do País Vasco Categoría:Empresas ferroviarias de España