María Elena Ferro Lamela, máis coñecida como Elena Ferro, nada en Merza (Vila de Cruces) en 1975, é unha zoqueira artesanal galega adicada ao deseño, fabricación e venda de artesanía: zocos, bolsos e complementos sita na súa vila natal, e que tivo un papel fundamental na revalorización dos zocos a finais do século XX inicios do século XXI. Creou unha franquía denominada Eferro (Elena Ferro).

Traxectoria miniatura|Franquía eferro, en Rego de Auga, A Coruña. Cando na década dos 70 do século XX comezaron a deixar de usarse os zocos e a ir desaparecendo o oficio, herdou o oficio do seu avó, da súa tía, do seu pai que eran zoqueiros e proviñan dunha familia de artesáns zoqueiros dende vai cen anos. A súa familia foi cambiando de vender só na comarca do Deza e mensualmente en Monterroso a ir desprazándose a outras feiras e ampliar os produtos que vendían incorporando a manufactura do coiro.

Nos anos 90 Elena Ferro comezou a facer cambios nos zocos mais sen éxito comercial até 2010. Cambiou a base de madeira para adaptalos a pisar en duro, patentándoa, probou outras peles, cores e acabados e mudou o deseño vendendo os seus produtos ademais de en Galiza no País Vasco, Barcelona, Alemaña, Estados Unidos e Nova Zelandia apoiándose nas redes sociais.

Participou no Lgx15 organizado pola CTNL en 2016 e nas xornadas de onomástica da Real Academia Galega de 2020. En 2019, recibiu o Premio Nacional de Artesanía. Tamén no 2020 a revista Luzes cedeulle o espazo Retrovisor (do seu número 85).

Recoñecementos Premio de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas en 2010, Deputación da Coruña Premio Nacional de Artesanía 2019 Premio Alfredo Iglesias en Teo, 2023

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Personalidades da artesanía Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premios Nacionais de Artesanía