Painting With é o décimo álbum da banda de pop experimental Animal Collective, publicado o 19 de febreiro de 2016 a través do selo Domino. O disco é unha continuación de Centipede Hz (2012), e inclúe contribucións de John Cale e Colin Stetson. Chegou ao número 46 na lista Billboard 200. Publicáronse tres sinxelos deste disco: "FloriDada" (2015), "Lying in the Grass" e "Golden Gal" (ámbolos dous en 2016). No ano seguinte tamén se publicou un EP de acompañamento, The Painters.
Para Painting With a formación da banda consistía en Avey Tare (David Portner), Panda Bear (Noah Lennox) e Geologist (Brian Weitz), o mesmo trío que participou en Merriweather Post Pavilion (2009). Deakin (Josh Dibb), que volvera á banda en novembro de 2010 para Centipede Hz e xirou con ela entre 2011 e 2013 non aparece neste traballo.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Animal Collective Categoría:Álbums musicais de 2016 Categoría:Álbums de Domino Records