Kylesa é unha banda estadounidense de heavy metal formada en Savannah, Xeorxia. A súa música incorpora experimentación con riffs pesados, guitarras con afinación grave e elementos do rock psicodélico. O grupo formárono no ano 2001 antigos membros de Damad, aos que se uniu a guitarrista Laura Pleasants. Dende entón pasou por diferentes cambios na súa formación; os únicos membros orixinais que quedan son Phillip Cope e Laura Pleasants. No ano 2006 o grupo engadiu dous baterías, Carl McGinley e Jeff Porter. Eric Hernandez uniuse en 2008 para substituír a Porter.
O 16 de abril de 2016 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que entrarían nun hiato indefinido, dicindo: "Decidimos colectivamente tomar unha pausa sen unha data establecida para regresar".
Discografía Álbum Ano Selo Kylesa 2002 Prank Records To Walk a Middle Course 2005 Prosthetic Records Time Will Fuse Its Worth 2006 Prosthetic Records Static Tensions 2009 Prosthetic Records Spiral Shadow 2010 Season of Mist Ultraviolet 2013 Season of Mist Exhausting Fire 2015 Season of Mist
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Notas
Categoría:Grupos musicais de Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de sludge metal Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de stoner rock Categoría:Grupos musicais formados en 2001