Bessie Coleman, nada o 26 de xaneiro de 1892 e finada o 30 de abril de 1926, foi unha piloto civil estadounidense. Foi a primeira muller de ascendencia afroamericana, e tamén a primeira muller de ascendencia indíxena, en obter unha licenza de piloto. Conseguiu a súa licenza de piloto internacional en 1921. Nada no seo dunha familia de parceiros de Texas, comezou a traballar nos campos de algodón dende moi nova, pero tamén asistía a unha pequena escola segregada, chegando a asistir á Universidade Langston. Desenvolveu un temperán interese pola aviación, pero os afroamericanos, nativos americanos e mulleres non tiñan oportunidade de asistir a escolas de voo nos Estados Unidos. Por ese motivo, aforrou cartos para ir a Francia e converterse nun piloto con licenza. Axiña se converteu nunha exitosa piloto de exhibición nos Estados Unidos e o seu obxectivo era abrir unha escola de aviación para afroamericanos. Morreu nun accidente en 1926 cando estaba a probar o seu novo avión. O seu papel como muller pioneira serviu de inspiración para outros pilotos e para as comunidades afroamericanas e nativas.

Traxectoria Coleman naceu o 26 de xaneiro de 1892 en Atlanta, Texas, a décima de trece fillos dos parceiros George Coleman, que era un cherokee con parte afroamericana, e Susan, que era afroamericana.

Recoñecementos A figura de Bessie Coleman foi a elixida como protagonista da primeira das moedas estadounidenses dun cuarto de dólar da serie Mulleres Americanas, dedicada ás mulleres máis representativas da historia dos Estados Unidos, na súa emisión de 2023."Bessie Coleman Quarter". United States Mnit.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Estadounidenses de ascendencia cherokee Categoría:Estadounidenses de ascendencia indíxena americana Categoría:Finados en accidente aéreo