STS-110 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 8 de abril de 2002 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-110, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Michael J. Bloomfield, o piloto Stephen N. Frick e os especialistas de misión Jerry L. Ross, Steven L. Smith, Ellen Ochoa, Lee M. E. Morin e Rex J. Walheim. O voo marcou o sétimo voo de Ross, convertíndoo na persoa en voar máis veces ao espazo.

O transbordador levaba a bordo a viga S0, que con 13 m de longo e 13,5 toneladas de masa foi a primeira da estrutura principal (de 110 m de longo) que máis tarde soportaría os paneis solares e os radiadores. Necesitáronse catro paseos espaciais para extraer a viga mediante o brazo robótico e instalala na estación. Durante a misión tamén se transferiron experimentos e subministracións entre o transbordador e a estación.

O transbordador volveu a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 19 de abril de 2002.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Atlantis

Categoría:Programa STS