Claudio Juan Amoedo Canaveri, nado en Buenos Aires o 30 de outubro de 1830, e finado ibídem o 7 de xaneiro de 1871 foi un médico arxentino. Serviu como presidente da Asociación Médica da provincia de Buenos Aires durante o goberno de Emilio Castro.

Traxectoria Claudio naceu en Buenos Aires, fillo de Hilario Amoedo Garazatúa e Juana Josefa Canaveri Esparza, no seo dunha familia distinguida de raíces galegas, piemontesas e vasca. Completou os seus estudos elementais no "Colegio Republicano Federal", onde aprendeu francés e inglés en 1845. Posteriormente comezou os seus estudos de medicina na Universidade de Buenos Aires, obtendo o seu doutoramento en medicina.

Claudio Amoedo casou con Ángela Ibarra, pertencente a unha familia de orixe vasca. Morreu traxicamente (suicidio) o 7 de xaneiro de 1871, e o seu irmán Sinforoso Amoedo, que presenciou a súa morte, tamén morreu ese mesmo ano, de febre amarela.

Notas

Categoría:Nados en 1830 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Finados en 1871 Categoría:Suicidios na década de 1870 Categoría:Médicos da Arxentina Categoría:Suicidas da Arxentina Categoría:Arxentinos de ascendencia vasca Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana