O cemiterio do Père-Lachaise é o maior cemiterio da cidade de París. O seu nome oficial é cimetière de l'Est. Está situado no 20º Distrito e ten a peculiaridade de que moitos parisienses o utilizan coma se fose un parque. miniatura|Túmulo de Jim Morrisson. A principios do século XIX, construíronse varios cemiterios coa fin de substituír os antigos cemiterios de París. Nas aforas da capital situáronse: ao norte, o cemiterio de Montmartre; ao leste, o cemiterio do Père-Lachaise; ao sur, o cemiterio de Montparnasse e, ao oeste, o cemiterio de Passy. miniatura|O túmulo da cantante Édith Piaf. O nome do cemiterio provén de François de la Chaise, confesor de Lois XIV. O cemiterio realizouno o arquitecto Alexandre Théodore Brongniart e abriuse o 21 de maio de 1804. Hoxe alberga os restos de 1 000 000 de corpos soterrados, sen contar os que foron incinerados.

Personalidades enterradas no Cemiterio de Père-Lachaise Escritores e poetas Honoré de Balzac (1799–1850) Paul Éluard, (1895–1952) Oscar Wilde (1854–1900) Cyrano de Bergerac (1619–1655) Jean de La Fontaine, (1621–1695) Marcel Proust, (1871–1922) Raymond Roussel, (1877–1933) Sully Prudhomme, (1839–1907) Escultores e pintores Eugène Delacroix, (1798–1863) Max Ernst, (1891–1976) Jeanne Hébuterne (1898–1920) Amedeo Modigliani, (1884–1920) Filósofos, sociólogos e historiadores Pierre Bourdieu (1930–2002) Fernand Braudel (1902–1985) Jacques-Joseph Champollion, (1778–1867) Jean-François Champollion, (1790–1832) Auguste Comte, (1798–1857) Jules Michelet, (1798–1874) Músicos e cantantes Gilbert Bécaud (1927–2001) Maria Callas (1923–1977) Frédéric Chopin, (1810–1849) Jim Morrison, (1943–1971) Édith Piaf, (1915–1963) Gioachino Rossini (1792–1868) Marietta Alboni (1826–1894) Actores e Cineastas Sarah Bernhardt (1844–1923) Molière, (1622–1673) Marcel Camus, (1912–1982) Outros Isadora Duncan (1877–1927) Allan Kardec (1804–1869) Laura Marx, militante comunista e filla de Karl Marx, (1845–1911) André Masséna (1758–1817) Yves Montand (1921–1991) Joachim Murat (1767–1815)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Arquitectura en París Categoría:Cemiterios de Francia