O Volvo S40, V40 ou V50 é un automóbil do segmento D (S40/V40 de primeira xeración e S40/V50 de segunda xeración) ou C (V40 de terceira xeración) producido polo fabricante sueco Volvo desde o ano 1996. O modelo é un cinco prazas con motor dianteiro transversal e tracción dianteira ou ás catro rodas. S40 corresponde á versión con carrozaría sedán de catro portas. As denominacións V40 e V50 refírense á variante familiar de cinco portas de primeira e segunda xeración, e á hatchback de cinco portas da terceira xeración. Os principais rivais da terceira xeración no mercado son o Audi A3, o BMW Serie 1/3 e o Mercedes-Benz Clase A/CLA.

Os Volvo S40 e V50 deixáronse de producir en 2012 e foron substituídos polos Volvo V40 e V40 Cros Country.

Primeira xeración (1996-2004) A primeira xeración foi producida en cooperación co fabricante xaponés Mitsubishi, que fabricou o Mitsubishi Carisma con elementos compartidos co Volvo S40. O Carisma con todo non tivo tanto éxito en vendas como o S40. Esta versión lanzada no ano 1996 se ensamblou xunto co Carisma na fábrica automotriz NedCar, nos Países Baixos.

A seguridade que caracteriza a Volvo foi sumamente salientada nesta versión, que sacou a puntuación máis alta do ano (1997) na proba de protección a pasaxeiros adultos de EuroNCAP.

Segunda xeración (2004-2012) A segunda xeración do S40, lanzada en 2004, foi deseñada sobre a Plataforma Volvo P1, unha plataforma derivada da Ford C1 usada noutros modelos pertencentes a Ford Motor Company, como os Ford Focus, Ford C-Max e Mazda 3. A reestilización de 2007 (liña 2008) inclúe cambios visuais e mecánicos.

A segunda xeración do Volvo S40 (xunto coa versión familiar V50, o cabrio-coupé C70 e o hatchback C30) foron fabricados exclusivamente na fábrica de Volvo de Gante, Bélxica.

EspecificaciónsS40 1.6S40 1.8S40 2.0S40 2.4S40 2.4iS40 T5S40 T5 AWDS40 1.6DS40 2.0DS40 D5Potencia kW/CV/rpm74/100/600092/125/6000107/145/6000103/140/5000125/170/6000169/230/5000169/230/500080/109/4000100/136/4000132/180/4000Torque Nm/rpm150/4000165/4000185/4500220/4000230/4400320/1500–4800320/1500–4800240/1750320/2000350/1750-3250Aceleración 0–100 km/h (manual/auto)11,9 s/-10,9 s/-9,5 s/- -/10,68,2/8,96,8/7,27,1/7,512 s/-9,5 s/-7,9/8,5Velocidade máxima km/h (manual/auto)185/-200/-210/- -/200220/215240/235230/225190/-205/-225/220Consumo de combustible l/100 km manual9,5/5,8/7,210,1/5,7/7,310,2/5,7/7,4 -12,4/6,6/8,512,5/6,4/8,713,5/7,3/9,66,2/4,2/4,97,6/4,8/5,88,4/4,9/6,2Consumo de combustible l/100 km automático - - -13,2/6,7/9,113,2/6,7/9,113,7/6,9/9,415,1/7,2/9,6 - -9,7/5,5/7

Terceira xeración (2012-presente) A terceira xeración presentouse no Salón do Automóbil de Xenebra de 2012 coa denominación V40, esta vez con carrozaría hatchback de cinco portas, e comezouse a vender a mediados de ano. De momento, é a única carrozaría prevista do modelo. A plataforma é unha versión actualizada da Ford C1, a usada na segunda xeración do S40 e V50, o Volvo C30 e o Ford Focus II. O V40 convivirá polo momento co C30, que é un hatchback do segmento C con carrozaría hatchback de tres portas lanzado en 2006.

A gama de motores do V40 abarca cinco opcións gasolina e tres diésel, todos con turbocompresor. A gasolina son un catro cilindros de 1,6 litros en variantes de 150 e 180 CV, un cinco cilindros de 2,0 litros en versións de 180 e 213 CV, e un cinco cilindros en liña de 254 CV. En tanto, os diésel son un catro cilindros en liña de 1,6 litros e 115 CV, e un cinco cilindros en liña de 2,0 litros en variantes de 150 e 177 CV.

O Volvo V40 comezouse a producir para substituír os S40 e V50 que se deixaron de producir en 2012.

V40 Cros Country (2012-presente) O Volvo V40 Cros Country presentouse no Salón do Automóbil de París de 2012. É a versión todo terreo do Volvo V40.

No exterior, o V40 Cros Country distínguese polo deseño das fascias e as proteccións na parte baixa. O habitáculo está situado 40 mm máis alto que no V40 normal. Conta con motores diésel cuxa potencia vai desde 112 até 170 CV, así como versións de gasolina con turbocompresor e potencias desde 177 até 251 CV. Todas as versións posúen tracción dianteira, e están dispoñibles con caixa de cambios manual ou automática de seis velocidades.

Opcionalmente, a versión T5 está dispoñible con tracción integral permanente e cun sistema de descenso de pendentes. Conta cun sistema de arranque e apagado automático (start/stop) que ofrece un baixo consumo de combustible. Tamén están dispoñibles diversas opcións de equipamento como lonas e reixas para separar a área de carga, así como combinacións de cores e tapicería exclusivos.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Modelos de Volvo