300px|miniatura|Índices de violación (segundo informes da policía) por 100 000 habitantes 2010–2012. A cultura da violación é un concepto sociolóxico usado para describir unha cultura, unha sociedade e unha época determinadas nas que a violación é omnipresente e normalizada debido a actitudes sociais sobre xénero e sexualidade. Esta expresión emprégase de xeito xeneralizado dende o ano 2012 para designar a calquera cultura que permite desacreditar, responsabilizar ou culpar as persoas agredidas, que representan o corpo feminino como dispoñible ("violable", mentres que o dun home non o é) e a glamurización e banalización da violencia. Esta cultura é perpetuada e normalizada a través da linguaxe misóxina. Países enteiros de Europa e América do Norte foron acusados de seren culturas de violación.Núria Marrón, Paraules que 'hackegen' la cultura de la violació, El Periódico, 14 de outubro de 2017 Patricia Rozee, Resisting a Rape Culture, Rape Resistance, 2012 Micah Steffes, The American Rape Culture, High Plains Reader, febrer de 2012. Bel Olid, Feminisme de butxaca, Angle, 2017

Esta cultura provoca que, malia desfrutar dunhas leis escritas supostamente igualitarias, na práctica se promova o machismo e a violencia contra as mulleres. Está tan enraizada na sociedade que se fai invisible e é lexítima. Así, a violación e as agresións contra as mulleres en xeral permítense, conséntense e normalízanse socialmente e mesmo no eido xudicial. Outro trazo distintivo desta cultura é o non recoñecemento de que o violador pode ser calquera persoa, que de feito adoitan ser pais de familia e coñecidos das súas vítimas e veciños, e non que se tratan de casos illados perpetrados por tolos.

A cultura da violación implica todo un sistema e todas aquelas persoas que normalizan o delito. Tamén o é todo o sistema xudicial patriarcal que nega o valor da palabra da muller, a cuestiona ou alude a ela dende a culpabilidade. Así, permite converter en culpable a muller que padeceu o abuso e en troques confraterniza cos violadores: cuestiona a muller antes, durante e despois da agresión coa única finalidade de xustificar o violador.Isabel Muntané, La normalització de la cultura de la violació, diari Ara, 18 de novembro de 2017.

Orixes do termo A expresión "cultura da violación" (en ) foi empregada por vez primeira durante a década de 1970 polas feministas da segunda vaga dos Estados Unidos de América para referirse ao conxunto da cultura contemporánea do seu país. Nesa época, o movemento feminista comezou a concienciar ao público sobre a frecuencia das violacións. Anteriormente, segundo a psicóloga canadense Alexandra Rutherford, a meirande parte da poboación estadounidense supoñía que as violacións, o incesto e a violencia de xénero eran fenómenos infrecuentes. O concepto de cultura da violación postulaba que a violación era común e normal, unha manifestación extrema da misoxinia e o sexismo que dominaban a sociedade. A violación redefiniuse como un crime violento máis que como un crime sexual, e o seu motivo xa non era o desexo de pracer sexual dos violadores, senón a dominación masculina, a intimidación e o control sobre as mulleres. Así mesmo, comezou a analizarse dende a perspectiva das vítimas, e non dos perpetradores.

O termo apareceu publicado por primeira vez no libro Rape: The First Sourcebook for Women, editado por Noreen Connell e Cassandra Wilson en 1974 como parte dun proxecto do grupo New York Radical Feminists (NYRF).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Pobo ashanti Violencia de xénero

Categoría:Socioloxía Categoría:Criminoloxía Categoría:Violencia de xénero